Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de febrero de 2023

Consulta aquí o dispositivo especial de tráfico e mobilidade previsto desde esta fin de semana e ata o vindeiro mércores 22

Así será o percorrido dos concursos de comparsas e carrozas que se celebran este sábado 18, no Entroido da Coruña

Desde a rúa de San Andrés, as comparsas pasarán pola rúa de Santa Catalina, o Cantón Grande, a avenida da Mariña, avenida de Montouto, Porta Real e, finalmente, chegarán á praza de María Pita

Este sábado, 18 de febreiro, as rúas do centro da cidade acollerán dúas das principais celebracións ao aire libre no contexto das festas de Entroido: o concurso de comparsas na modalidade de vestiario, coreografía e orixinalidade, así como o concurso de carrozas.

O dispositivo especial de tráfico previsto polo Concello dará comezo ás 12.00 horas, co peche ao tráfico da rúa de San Andrés, onde se concentrarán todas as comparsas a partir das 17.30 horas. En todo caso, e a pesar deste corte de tráfico en San Andrés, vaise permitir a entrada e saída de garaxes, de forma controlada, ata aproximadamente as 15:00 horas.

Ademais, e con antelación á posta en marcha dos concursos, ás 17.00 horas cortarase o tráfico na zona dos Cantóns, desde a praza de Mina e a rúa Durán Loriga, co obxectivo de acotar a área de festexos e paso das comparsas. O percorrido será o seguinte: desde a rúa de San Andrés, as comparsas pasarán pola rúa de Santa Catalina, o Cantón Grande, a avenida da Mariña, avenida de Montouto, Porta Real e, finalmente, chegarán á praza de María Pita.

A maiores, durante esa mesma tarde e desde as 16.30 horas, os autobuses interurbanos non poderán acceder a Entrexardíns, e os buses urbanos desviaranse na praza de Ourense en dirección entrada á cidade, e por Ánimas e o túnel da Mariña en dirección saída.

Toda vez rematen os concursos de comparsas, reabrirase o tráfico, aproximadamente ás 21.00 horas

Dispositivo especial de tráfico polo Martes de Entroido, día 21

Xa o día 21, Martes de Entroido, a contorna da rúa da Torre e Panadeiras entre a avenida de Hércules e a rúa Sol quedará cortada a partir das 14.00 horas. Este dispositivo especial de tráfico, plantexado para facilitar a mobilidade peonil na área de festexos polos concursos de disfraces na rúa da Torre e o Campo da Leña, finalizará ás 20.30 horas.

Alteracións ao tráfico previstas o día 22, polo Enterro da Sardiña

O día 22, mércores, terá lugar o percorrido especial polo Enterro da Sardiña. A comitiva partirá desde o Circo de Artesáns ás 20.30 horas, cara a praza de María Pita. Desde alí, e xa ás 21.00 horas, desprazaranse ao Campo da Leña, desde onde seguirán o traxecto pola praza de España, a rúa da Torre, Orillamar, Manuel García Canzobre, e a rúa Cutty Sark, antesala da chegada á praia de San Amaro a través do vial de acceso ao Club do Mar.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión