Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de agosto de 2020

Avanzan a bo ritmo as obras de accesibilidade na avenida Pedro Barrié de la Maza e na rúa Vía Artabra

Avanzan os traballos para ampliar a beirarrúa no tramo entre a avenida de Rubine e a rúa Modesto Goicouría

.- Unha vez implantado o carril 30 no Paseo Marítimo, o  concello continúa cos traballos de ampliación e mellora da seguridade viaria na avenida Pedro Barrié de la Maza entre a avenida de Rubine e a rúa Modesto Goicouría e na rúa Vía Ártabra, en Monte Alto. As actuacións, que se enmarcan no Plan de mobilidade sustentable, avanzan a bo ritmo, nunha aposta clara por gañar espazos públicos de calidade, segundo afirma a alcaldesa, Inés Rey. No caso de Pedro Barrié de la Maza, a actuación consiste en duplicar a superficie de beirarrúa existente tras ocupar o carril de circulación máis próximo aos edificios. Ademais, reordenarase a sinalización horizontal para deixar dous carrís por sentido de circulación. O prazo de execución é de dous meses e conta cun orzamento de 33.574,66 euros.

Doutra banda, a Concellería de Infraestruturas continúa coas obras na rúa Vía Ártabra en que se construirá unha plataforma única e unha praza na rolda de Monte Alto. Neste aspecto, ampliáronse as beirarrúas, que se pavimentarán con outro tipo de formigón. Tamén se plantarán árbores e levaranse a cabo melloras na contorna do colexio Víctor López Seoane. Os traballos teñen unha partida orzamentaria de 247.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión