Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de abril de 2026

Bolivia e Galicia conflúen no inicio do último trimestre do ciclo Poetas Di(n)versos

Gabriel Chávez Casazola e Miguel Sande protagonizarán o encontro poético do luns 20 de abril no Centro Ágora

Este vindeiro luns, 20 de abril, arrinca a programación do tercero e último trimestre do ciclo Poetas Di(n)versos, que celebra a súa edición número 17. Estes recitais poéticos dirixidos pola Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño forman parte da programación cultural impulsada polo Concello nos diferentes espazos municipais da cidade. Como é habitual, a sesión será ás 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, con entrada de balde ata completar capacidade. 

"A nosa alcaldesa, Inés Rey, ten entre as súas prioridades na programación cultural este ciclo, que levamos tempo impulsando e visibilizando, chegando a acadar fitos como a participación do primeiro Premio Nobel africano, o nixeriano Wole Soyinka", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Nesta primeira sesión do trimestre confluirán o poeta boliviano Gabriel Chávez Casazola e o arteixán Miguel Sande.

Gabriel Chávez Casazola (Sucre, Bolivia, 1972) é poeta, ensaísta, xestor cultural e xornalista boliviano. Os seus libros están traducidos a idiomas como o inglés, francés, portugués, italiano, romanés, catalán, grego, árabe, ruso e chinés, así como ao código braille. É autor, entre outros títulos, de 'El agua iluminada' (2010), 'La mañana se llenará de jardineros' (2013), 'Multiplicación del sol' (2018) ou o máis recente 'A la sombra de tus alas & Siete parábolas' (2025).

Foi condecorado coa Medalla ao Mérito Cultural de Bolivia e gañou o Premio Editorial ao Mellor Libro do Ano no seu país. Docente universitario de Escrita Creativa, é director do obradoiro de poesía "Llamarada Verde" e da colección de poesía "Agua Ardiente" de Plural Editores. Dende hai 13 anos coordina en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) o Encontro Internacional de Poesía Ciudad de los Anillos

Pola outra banda, Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961) é poeta, narrador, dramaturgo e xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, a súa traxectoria profesional está ligada tanto á literatura como ao xornalismo, disciplina esta última na que acadou varios premios.

Co seu primeiro libro, 'Á alba pide comigo vivir', xa foi distinguido en 1984 co Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca. Igualmente, como dramaturgo, obtivo tamén o Premio Rafael Dieste con 'Ninguén chorou por nós', gañou o Premio Nova Dramaturxia Galega con 'A enterradora' foi finalista do Premio Nacional de Teatro. Como narrador, en 2006, acadou o Premio Repsol de Novela con 'Se algún día esta muller morta', e foi finalista do Premio Nacional de Narrativa. Gañou o Premio García Barros con 'A candidata' e foi finalista do Premio Xerais con O negociador.

No eido da poesía, en 2019 recibiu o Premio Afundación por 'Os filósofos xa non brindan con cicuta' e tamén gañou o Premio Johán Carballeira con 'Brinde e desespero'. Este ano, acaba de publicar o poemario 'Desertos' (cun estudo de Pilar Pallarés), ao se cumpriren os 25 anos da edición dos seus 'Poemas do deserto'.

Letras británicas e costarricenses conflúen con poesía galega emerxente

O trimestre de Poetas Di(n)versos continuará nos meses de maio e xuño coa participación de Simon Armitage e Luis Chaves como artistas foráneos convidades e Samuel Merino e Mónica Caldeiro como representantes galegos do ciclo.

Simon Armitage é un dos poetas contemporáneos máis destacados do Reino Unido, nado en 1963 en West Yorkshire. A súa obra combina unha linguaxe accesible cunha fonda carga emocional e social, explorando temas como a vida cotiá, a memoria e a identidade. Foi nomeado Poet Laureate do Reino Unido en 2019, e tamén destaca pola súa labor como tradutor e dramaturgo.

Samuel Merino é un poeta emerxente da escena galega contemporánea, coñecido pola súa escrita directa e emocional. Nos seus textos aborda cuestións como a identidade, as relacións persoais e a experiencia vital desde unha perspectiva íntima, conectando especialmente co público máis novo.

Luis Chaves (San José, 1969) é un dos autores máis relevantes da poesía centroamericana actual. A súa obra caracterízase por un ton coloquial e reflexivo, onde mestura o cotián co filosófico. Publicou varios libros recoñecidos internacionalmente e tamén desenvolve unha destacada carreira como editor.

Mónica Caldeiro é unha autora galega que combina a poesía cunha forte sensibilidade artística e escénica. A súa obra explora o corpo, a linguaxe e a identidade desde unha perspectiva contemporánea, cun estilo que transita entre o íntimo e o performativo, e que a sitúa como unha voz singular dentro da poesía actual.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión