Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de noviembre de 2021

Van Morrison e Il Divo pecharán as citas musicais deste ano no recinto coruñés, que retoma a normalidade tras a pandemia

C. Tangana e Fito & Fitipaldis afianzan á Coruña no circuíto nacional de grandes concertos do 2022

As actuacións, o 26 de febreiro e o 19 de marzo respectivamente, suporán a volta do público de pé ao Coliseum

A Coruña volve a reforzar a súa presenza no circuíto nacional de grandes concertos coas actuacións de C. Tangana e Fito & Fitipaldis, previstas para febreiro e marzo do 2022. O Coliseum será o recinto no que actuarán dous dos artistas máis consagrados nos seus respectivos estilos musicais a nivel nacional e internacional.

Ambas actuacións suporán ademais o regreso do público de pé ao Coliseum, que mantivo durante todo este 2021 restricións para os asistentes seguindo as pautas recomendadas polas autoridades sanitarias. O recinto municipal recupera pouco a pouco a normalidade tras a pandemia.

C. Tangana anunciou estes días a súa xira 'Sin cantar ni afinar', coa que percorrerá diferentes países e que só conta con seis datas a nivel nacional, unha delas na Coruña. Neste concerto presentará ao gran público o seu último traballo 'El Madrileño', todo un fenómeno a nivel mundial. O seu concerto será o 26 de febreiro ás 22.00 horas e as entradas sairán á venda este martes 16 de novembro ás 12.00 horas a través das canles oficiais do artista. Os prezos serán: 38 euros en pista, 55 euros en tendido baixo, 45 euros en tendido medio, 32 euros en tendido alto e 32 euros na zona para persoas con mobilidade reducida.

Por outra banda, Fito & Fitipaldis regresa no 2022 á cidade para presentar o seu último traballo 'Cada vez Cadáver'. O seu concerto será o 19 de marzo ás 22.00 horas e as entradas xa están dispoñibles a través de Ataquilla. O prezo das entradas será: 35 euros en pista, 35 euros en tendido baixo, 32 euros en tendido medio, 30 euros en tendido alto e 30 euros nas localidades para persoas con mobilidade reducida.

Outros concertos

Este 2021 rematará con outras dúas grandes actuacións no Coliseum da Coruña. Trátase das de Van Morrison o 3 de decembro e a de Il Divo o 22 de decembro. Ambos espectáculos xa contan cos milleiros de billetes vendidos a través das canles de venda oficiais. O recinto municipal recuperou nos últimos meses a intensa actividade musical que viña desenvolvendo antes da pandemia do coronavirus. Destacadas e destacados artistas internacionais e nacionais como Rauw Alejandro, Aitana ou Trueno pasaron pola cidade e permitiron a milleiros de persoas volver a gozar da música en vivo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión