Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de octubre de 2025

Ciencia e poesía fundiranse no espectáculo ‘Universo entre cancións’, do físico José Edelstein, que terá lugar o 31 de outubro na Domus

Edelstein, gañador dos premios Prismas en dúas ocasións, destaca polo seu traballo como divulgador científico. As entradas xa están á venda

O Concello, a través da rede municipal de Museos Científicos Coruñeses, impulsa a organización do espectáculo 'Universo entre cancións', que terá lugar o vindeiro 31 de outubro (ás 20.00 horas) na Domus e que lles ofrecerá ás persoas asistentes unha experiencia de fusión entre ciencia e poesía.

A voz de José Edelstein, físico e divulgador, será o fío condutor do relato, que contará coa música de Lore Edelstein e a voz luminosa da cantante Daniela De Rito, que trazarán constelacións sonoras que nos levarán da orixe do universo ás inquietudes máis esenciais das persoas. Unha ponte entre o infinito e o íntimo, entre a beleza da arte e a verdade da ciencia. Unha invitación para mirar o ceo e descubrírmonos nel a través de fermosas proxeccións astronómicas que envolven toda a escena.

En 'Universo entre cancións' cóntanse historias, con toques de humor e momentos emotivos, que van desde o nacemento do universo, o ceo nocturno como un códice, a épica da súa exploración, o milagre das eclipses e o drama do terraplanismo, a vida e a súa complexidade, o determinismo e o azar, o noso lugar no cosmos e os segredos das súas leis máis íntimas: as da mecánica cuántica.

José Edelstein é profesor na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do IGFAE. Obtivo o premio FECYT en 2012 e o Prisma Casa das Ciencias en 2019 e 2023. Destaca o seu traballo como escritor e divulgador científico, sobre todo no seu papel como conferenciante e colaborando con artistas en actividades que fusionan ciencia e arte.

As entradas para o espectáculo do día 31, cun custo de 8,16 euros, pódense mercar a través desta páxina web.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión