Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2021

“Cigarreiras” recollerá o espírito loitador das mulleres coruñesas esta fin de semana no Rosalía

O concelleiro Jesús Celemín e o director da peza, Cándido Pazó, presentaron hoxe, xunto a parte do elenco, a estrea da adaptación de “La Tribuna”, de Pardo Bazán, que terá lugar mañá e o sábado, ás 20.30 horas

O concelleiro Jesús Celemín presentou esta mañá a estrea os días 24 e 25 de setembro, ás 20.30 horas, da obra "Cigarreiras" nun acto en que tamén participaron o responsable do Teatro Rosalía, Paulo Rodríguez; o director da peza, Cándido Pazó; a produtora Belén Pichel e a actriz Tamara Canosa. Enmarcada dentro da programación municipal con motivo do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, o espectáculo é unha adaptación da súa obra "La Tribuna", realizada e dirixida por Cándido Pazó, onde Tamara Canosa, Merce Castro, Isabel Naveira, Berta Ojea, Ana Santos, Ledicia Sola e Susana Dans representarán as cigarreiras e a propia Pardo Bazán.

Celemín recordou a primeira folga de mulleres protagonizada por este colectivo na Coruña que inspirou a dona Emilia para escribir este relato e destacou que a posta en escena achegará o público do Rosalía a unha época convulsa en que se abordarán cuestións como a muller, o amor, os prexuízos de clases ou a loita polos dereitos. Ademais, explicou que a estrea de "Cigarreiras" na Coruña responde ao compromiso do Goberno de Inés Rey por apoiar a cultura e mais por recuperar a nosa memoria histórica, tan necesaria para seguir avanzando no presente cara a un futuro conciliador e máis humano.

Pazó falou dunha versión que lle resultou difícil e audaz pero bonita ao mesmo tempo, para a que tivo claro que a farían actrices e que a estrearía na Coruña. Deste xeito, a trama coproducida por Contraproducións, TeatreRomea, Histrión Teatro e Encaro Factory contará esta fin de semana as teimas das traballadoras da Fábrica de Tabacos, "unha subhistoria da historia deste país que partillamos e que pasou por vicisitudes que explican o que somos hoxe en día". Pola súa parte, Canosa afirmou que "Cigarreiras" recolle o espírito das mulleres coruñesas afoutas e loitadoras no contexto da crise política que levou á caída da dinastía borbónica e á proclamación da I República.

O prezo das localidades parte dos 6,50 euros con descontos para as persoas desempregadas, xubiladas e usuarias do carné xove. Pódense adquirir no despacho de entradas da praza de Ourense, de luns a xoves das 10.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00 horas; e o venres, das 10.00 ás 15.00 horas. O despacho de venda do Teatro Rosalía abrirá até o sábado, das 16.00 ás 20.00 horas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión