Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de febrero de 2026

Comeza a nova edición do Flores Rock coa apertura da inscrición para participar na Batalla de Bandas

A fase final deste concurso celebrarase o 16 de maio na praza do Sol Nacente do Barrio das Flores

Arrinca unha nova edición do festival Flores Rock coa apertura do período de inscrición para participar na súa Batalla de Bandas. As formacións participantes loitarán o 16 de maio por conseguir formar parte do cartel do evento, que se celebrará no Barrio das Flores os días 4 e 5 de setembro.

O Concello da Coruña organiza xunto coa Plataforma Veciñal do Barrio das Flores este evento, "seguindo as diretrices marcadas por Inés Rey para acadar unha ampla diversidade na programación musical da cidade apostando por un xénero, o rock, que cambiou a historia da música", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. "Este é un traballo desde a base, que cohesiona socialmente á comunidade en torno a un festival que os veciños sinten como propio", engadiu Castro. O Flores Rock vén consolidándose como unha proposta musical de gran relevancia, con actuación de artistas contrastados como Soziedad Alkohólica.

A primeira e a segunda banda clasificadas, ademais de participar no festival xunto a grandes formacións que serán anunciadas proximamente, conseguirán unha sesión de gravación dun videoclip e unha experiencia nun estudio de gravación, respectivamente. As persoas interesadas poderán consultar as bases e cumplimentar o formulario de inscrición na páxina web do Concello.

O concurso terá lugar o 16 de maio na praza do Sol Nacente do Barrio das Flores As bandas que desexen participar na batalla deberán facer chegar a súa solicitude antes do 22 de marzo na dirección batallabandasfr@gmail.com. Deberán achegar dous temas orixinais en formato mp3, ogg ou ima e posuír un repertorio de directo que teña como mínimo un 70% de temas orixinais e que non sexa inferior aos 50 minutos. 

As persoas participantes deberán ser maiores de 18 anos no momento da inscrición ou deberán achegar unha autorización legal firmada polos seu pai, nai ou titor/a legal. Poden participar formacións ou solistas con estilos musicais enmarcados dentro do rock (rock'n roll, folk rock, post rock, rhythm&blues, hard rock, stoner, garage, noise, hardcore, punk-rock) e o metal (heavy, power, thrash, speed, death, grind, black, doom, gótico, industrial, nu-metal, metal alternativo).

Fases do concurso

O concurso constará de dúas fases. Na primeira, seleccionaranse un total de oito bandas logo da finalización do período de inscrición. O xurado estará composto polos organizadores do Flores Rock, quenes determinarán as bandas seleccionadas para pasar á fase final. Daranse a coñecer a través de redes sociais o 24 de abril.

A segunda será a fase final que terá lugar en directo na praza do Sol Nacente o vindeiro 16 de maio. As bandas seleccionadas actuarán en directo, cunha presentación de 25 minutos onde se admitirá un máximo de dúas versións de temas non orixinais.

O xurado estará composto por cinco membros que contarán cun representante do IMCE, un/ha promotor/a musical dunha sala de concertos da cidade, un representante dun estudo de grabación da cidade, un representante dunha empresa de grabación de vídeo da cidade e un representante experto designado pola organización.

Documentos:

Bases (176 KB)

Anexo á inscrición (82 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión