Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

1 de agosto de 2020

Comezan as obras de ampliación do comedor do CEIP Curros Enríquez

A actuación levarase a cabo en catro semanas e nela sumarase a superficie dunha aula anexa para lle ofrecer un mellor servizo ao alumnado

Este luns comezarán as obras do comedor do CEIP Curros Enríquez, que permitirán aumentar a súa superficie para lle dar cabida á crecente demanda deste servizo por parte do alumnado. Coa intención de incrementar os metros cadrados, engadirase a aula patio C á estancia, que até o momento ocupaba a Escola Municipal de Música, xunto a unha segunda que seguirá utilizando. As obras, que se executarán en catro semanas, incluirán a retirada dos paneis illantes da aula C e a demolición da separación interior que diferenciaba o comedor da clase.

Así mesmo, levantaranse o lousado de cortiza desta estancia e acondicionaranse ambas as instalacións. O concello destinará 17.000 euros para esta actuación, que permitirá un uso máis cómodo e seguro do comedor por parte das e dos pequenos. Deste xeito, a alcaldesa, Inés Rey, cumpre tamén co seu compromiso de que o curso empezaría coa sala posta a punto para ofrecer un servizo mellor.

Á súa vez, o centro escolar reservaralle un segundo espazo á Escola Municipal de Música, tras chegaren ambos a un acordo que reforza os anos de colaboración. Pola súa parte, o concello estuda a posibilidade de lle proporcionar un novo emprazamento a esta institución.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión