24 de julio de 2020
Comunicado oficial do Concello da Coruña sobre o xogador de fútbol do Fuenlabrada hospitalizado esta mañá.
A alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, manifesta a súa preocupación polo estado de saúde dun dos xogadores do club de fútbol Fuenlabrada, que esta mañá tivo que ser trasladado ao hospital Quirón, e polo resto dos seus compañeiros.
Reitera que máis alá do proceso de investigación aberto, o máis importante para o Concello da Coruña e a saúde do xogadores que deron positivo por Covid-19 e que se atopan confinados no hotel Finisterre. Seguimos á disposición do Fuenlabrada e do xogador para todo o que necesiten. Envío desde aquí o meu desexo dunha pronta recuperación ao futbolista ao que lle envío unha aperta.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible