Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de enero de 2026

Concello e Telpark acordan unha iniciativa municipal de mobilidade comercial sostible durante o período de rebaixas

Entre os días 7 e 31 de xaneiro, o aparcadoiro da Fábrica de Tabacos disporá dunha oferta de bonos especiais para estacionar durante 12 horas a custos reducidos

O Concello vén de acordar unha nova liña de colaboración con Telpark, empresa concesionaria do aparcadoiro da Fábrica de Tabacos, coa que se traballará conxuntamente na posta en marcha dunha campaña orientada a favorecer o comercio e a hostalaría local, facilitando o estacionamento de vehículos mediante promocións vantaxosas.

Neste sentido, entre o 7 e o 31 de xaneiro, a cidadanía poderá estacionar durante 12 horas por 1,99 € no párking en cuestión, a través dos bonos Multipass, dispoñibles en modalidades de 5, 10 e 20 usos. Estes pases, válidos durante un ano, poden adquirirse a través da aplicación Telpark e permiten entrar e saír do aparcadoiro automaticamente mediante a lectura dixital de matrícula, evitando o uso de tique e axilizando o proceso. Ademais, a persoa usuaria pode modificar a matrícula asociada ao bono de forma flexible, desde a propia app.

Esta iniciativa, que vai en liña coa estratexia municipal de apoio ao tecido comercial e hostaleiro da cidade, tamén busca diminuír a conxestión do tráfico no centro urbano durante estas datas, coincidindo co período de rebaixas. No caso do aparcadoiro da Fábrica de Tabacos, a bolsa de estacionamento é de 620 prazas.

"Agardamos que este proxecto piloto favorezca a utilización dos aparcadoiros a prezos asequibles. Trátase dunha iniciativa pioneira de colaboración entre o Concello e o sector privado para contribuír a dinamizar a economía local e favorecer a mobilidade sostible", apuntou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.

Por parte de Telpark, o seu COO Off-Street, Ignacio Merry del Val, subliñou que "esta colaboración estable co Concello permite ofrecer solucións dixitais, accesibles e sostibles, que apoian directamente a actividade económica local e facilitan a mobilidade e o acceso ao centro".

Neste sentido, a campaña incorpora un incentivo adicional orientado a promover unha mobilidade máis sostible: haberá un 30% de desconto na recarga de vehículos eléctricos para as persoas que adquiran un bono Multipass, aplicable en todos os aparcadoiros Telpark con recarga eléctrica de toda España ata o 30 de xuño.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión