Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de mayo de 2021

Concello e Xunta axilizan a urbanización de Xuxán coa sinatura dun novo protocolo

Ambas as administracións acordan un novo documento que permitirá axilizar e impulsar as obras de urbanización do antigo Ofimático, e que contempla compromisos concretos financeiros pola entidade Xestur

O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia acordan un novo protocolo que permitirá axilizar e impulsar as obras de urbanización do barrio de Xuxán e que contempla compromisos concretos financeiros pola entidade Xestur. A superficie de Xuxán, conta cunha área total de 347.557,45 m2 e un aproveitamento urbanístico de 382.313,00 m2 edificables. A actuación mobilizará un investimento de máis de 15 millóns de euros.

Polo tanto a XGL, que terá lugar mañá, autorizará a sinatura do protocolo coa entidade "Xestión do Solo de Galicia S.A." (XESTUR), propietaria maioritaria do sector cunha participación do 49,74% no aproveitamento urbanístico do ámbito, e á que lle corresponde asumir o 50,70% dos gastos de urbanización, así como coa "Asociación Parque Ofimático 2010" integrada polas entidades e persoas propietarias que participan no aproveitamento urbanístico do ámbito cun 17,16%, e á que lle corresponde o 19,06% dos gastos de urbanización.

Así, a Xunta adiantará o pago de 3 millóns de euros para rematar as obras da primeira fase do barrio de Xuxán, mentres que o Goberno local licitará e adxudicará as actuacións correspondentes á primeira etapa. Deste xeito, a administración autonómica adiantará o pago correspondente ás cotas 5ª e 6ª para que máis tarde sexa o Concello quen xire ás persoas propietarias estas contías de urbanización unha vez licitadas ou executadas. Para iso, Xestur pagará ao Concello os devanditos 3 millóns nun prazo máximo de 45 días desde a sinatura do acordo.

Pola súa parte, o Concello comprométese a axilizar a contratación das obras de finalización da primeira etapa, informando a Xestur e á asociación do estado de tramitación e execución.

E a "Asociación Parque Ofimático 2010" comprométese a colaborar co Concello na elaboración e xestión das derramas que correspondan aos seus asociados e a cooperar na resolución dos conflitos que poidan xurdir.

O acordo establece que, unha vez adxudicadas as obras de urbanización previstas, o Concello poderá conceder novas licenzas de edificación nas parcelas resultantes, co fin de contribuír a axilizar a construción de inmobles.

Ademais, as licenzas de primeira ocupación das vivendas construídas sobre as mesmas se solicitarán unha vez recepcionadas pola Administración local as obras de urbanización, cando as parcelas acaden a condición de soares e as actuacións de construción dos inmobles estean rematadas.

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que este é un paso definitivo para a urbanización de Xuxán, que se materializará coa licitación das obras, unha vez asinado o protocolo que se aprobará mañá. "Desbloquéase outra actuación clave para o desenvolvemento dun barrio que levaba anos paralizado e que agora impulsamos coa administración autonómica".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliña que a sinatura do protocolo "facilitará rematar coa maior brevidade as obras de urbanización da primeira etapa do barrio, co fin de cumprir as determinacións do planeamento urbanístico, co obxecto de que as parcelas afectadas poidan acadar a condición de soar e para así activar un maior número de vivendas de protección oficial". "Grazas á colaboración do Concello permitiremos a diversos colectivos acceder nunhas condicións de prezo razoables a satisfacer o seu dereito de vivenda", afirmou.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión