Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2026

Constitúese a Comisión especial de seguimento da candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030

A Comisión, que presidirá Jose Manuel Lage, volverá a reunirse antes de que remate o mes de febreiro

O Palacio Municipal de María Pita acolleu este venres o acto de constitución da Comisión especial de seguimento da candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030.

A sesión, presidida polo voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, contou coa asistencia do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e dos representantes dos demais grupos municipais presentes na comisión: o Bloque Nacionalista Galego, con David Soto, e o Partido Popular, con Miguel Lorenzo.

A comisión acordou poñer a disposición dos grupos todos os expedientes municipais relacionados coa candidatura da Coruña a acoller o Mundial. Ademais, tamén se deu luz verde a unha nova reunión da comisión -antes de que remate o mes de febreiro- para coñecer o estado e situación da candidatura da Coruña para ser sede do Mundial, así como as xestións realizadas polos concelleiros de Cultura e Deportes diante dos distintos organismos vinculadas ao proxecto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión