2 de mayo de 2025
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, animou a cidadanía a participar na terceira data do calendario de Coruña Corre, que volve impulsar a programación deportiva nos barrios o día 11 de maio
Quedan poucos días para a celebración da XVI Baixada Popular de San Pedro de Visma, a terceira data dun circuíto Coruña Corre que volverá o 11 de maio ás rúas da cidade nunha nova xornada de programación deportiva para todos os públicos.
A inscrición na carreira estará aberta ata as 23.59 horas deste domingo 4 de maio. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, convidou a cidadanía a participar na proba, "unha das máis atractivas do calendario pola configuración do trazado, con subida e percorrido polo parque de Bens, combinando asfalto e sendas de terra".
Serán case 6,5 quilómetros cun punto de control a medio camiño, no quilómetro 3,6. A partir do quinto, as e os participantes enfilarán o descenso pola estrada de Mazaído a Visma, e chegarán á meta na recta principal de San Pedro de Visma.
Como xa é habitual, a carreira do domingo 11 de maio sairá desde o cruzamento entre as rúas San Pedro de Visma e Aguillón, na contorna do centro cívico municipal. As e os participantes en categoría absoluta arrincarán motores ás 10.00 horas, e xa a partir das 11.15 comezarán as saídas progresivas das categorías inferiores, desde a sub-18 ata os peques.
As persoas interesadas en tomar parte na carreira, sexa nas categorías absolutas ou inferiores, pódense inscribir a través da páxina web de Coruña Corre, premendo nesta ligazón.

24 de julio de 2026

11 de junio de 2026

20 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible