6 de abril de 2022
O artista madrileño presenta “Mi nombre es Coque Malla”, unha proposta escénica na que conxuga as súas dotes musicais e teatrais para facer unha “confesión musical” sobre a súa traxectoria artística
O vindeiro venres ás 21.00 h, o Teatro Colón será anfitrión do regreso de Coque Malla á cidade, cun novo espectáculo musical sobre a súa propia traxectoria musical. O músico e actor presentará ao público unha nova proposta escénica na que conxuga as dúas disciplinas, facendo un percorrido pola súa traxectoria artística e vital a modo de "confesión musical", conxugando pezas musicais cun monólogo dramático propio.
Nesta "confesión" estarán presentes os grandes éxitos da súa carreira como músico, tanto na súa etapa en solitario como durante o éxito de Los Ronaldos, así como colaboracións puntuais con outros artistas que teñan marcado un fito na súa traxectoria musical. Todos eles están recollidos no seu disco recopilatorio "El astronauta gigante", publicado o pasado ano 2021 e que pon a banda sonora a esta nova xira onde Coque Malla actuará en solitario, cunha proposta escenográfica marcada polo intimismo que supón a viaxe autobiográfica pola vida dun artista consolidado e de gran talle musical.
A cita de Coque Malla no Teatro Colón enmárcase no ciclo Selección Noroeste organizado por Estrella Galicia, que deu inicio ao programa de actuacións con Nacho Vegas o pasado 11 de febreiro no mesmo Teatro Colón. Este tipo de actuacións poñen de manifesto a aposta do Concello da Coruña por grandes actuacións culturais nas diferentes programacións dos recintos da cidade, como foi a recente visita de Van Morrison ao Coliseum da Coruña o pasado 31 de marzo. Súmanse a ela outros futuros concertos previstos no recinto municipal de artistas como Leiva (30 de abril), Izal (14 de maio) ou Raphael (11 de xuño) que avanzan no obxectivo do goberno de Inés Rey de retomar o poder da cidade como capital de grandes eventos.
As entradas para o concerto esgotáronse o pasado día 3 de marzo, un mes antes da celebración do evento, o que dá conta do interese e importancia da aposta por grandes nomes do panorama musical nacional como Coque Malla.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible