Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2023

Coruña21 agárdate... como atleta ou persoa voluntaria!

Se non corres o medio maratón, pódeste sumar a ela como parte do programa de voluntariado do Concello da Coruña

Coruña21 celebrará a súa décimo quinta edición o próximo 12 de febreiro e agárdate... xa sexa como atleta ou como persoa voluntaria.

Correr é importante e aínda te podes inscribir, pero se polo que sexa non o vas facer nesta ocasión, dispós doutra opción para vivir a carreira, a de axudar a que a proba saia á perfección, unha contribución que é transcendental.

O programa de voluntariado brinda a posibilidade de colaborar coa organización do medio maratón, a facela realidade, a sentir o atletismo doutra maneira.

Sen o esforzo das persoas voluntarias, a C21 non sería posible. A súa misión é axudar a cada atleta de maneira altruísta e acompañalos/as ata a liña de meta. É outra forma de colgarse unha medalla.

Tamén apoiarán a 5K que se desenvolverá en paralelo e as probas para menores de idade. Ambas son novidade na décimo quinta edición do medio maratón.

Se tes máis de 18 anos, pódeste inscribir para formar parte do voluntariado de Coruña21 a través da seguinte ligazón antes do luns 6 de febreiro ás 14.00 horas. Anímate!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión