Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de octubre de 2025

Para maiores de 16 anos que se acheguen por primeira vez ao galego

Cursos de introdución á lingua e á cultura galegas

Con inscrición a través de correo electrónico

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, está adherido á Rede de Dinamización da Lingua, da Xunta de Galicia. 

A través da Secretaría Xeral da Lingua, no Concello da Coruña organizaranse no outono tres cursos de achegamento á lingua galega, co fin de favorecer un maior emprego do noso idioma propio e poñer en valor as accións para prestixiar e atraer a xente cara ao galego, especialmente as dirixidas ao alto número de persoas provenientes do exterior.

Neste outono realizaranse tres cursos, un en outubro polas mañás e outros dous en novembro polas tardes. Son gratuítos.

  • Curso de introdución á lingua e á cultura galegas do 13 ao 24 de outubro (de luns a venres)
  1. HORARIO: pola mañá, das 10.00 ás 12.00 horas
  2. ONDE: Centro Cívico Sagrada Familia
  3. INSCRICIÓN: a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal 
  4. Datos necesarios: nome e apelidos, teléfono, nacionalidade e número de pasaporte/DNI/NIE 
  • Curso de introdución á lingua e á cultura galegas do 3 ao 14 de novembro (de luns a venres)
  1. HORARIO: pola tarde, das 17.00 ás 19.00 horas
  2. ONDE: Centro Sociocultural Ágora
  3. INSCRICIÓN: a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal 
  4. Datos necesarios: nome e apelidos, teléfono, nacionalidade e número de pasaporte/DNI/NIE 
  • Curso de introdución á lingua e á cultura galegas do 3 ao 14 de novembro (de luns a venres)
  1. HORARIO: pola tarde, das 19.00 ás 21.00 horas
  2. ONDE: Centro Sociocultural Ágora
  3. INSCRICIÓN: a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal 
  4. Datos necesarios: nome e apelidos, teléfono, nacionalidade e número de pasaporte/DNI/NIE 

Os cursos realizaranse en modalidade presencial e terán unha duración de 20 horas, tras as que se entregará un diploma que emite a propia Xunta de Galicia. 

O alumnado contará con material didáctico. 

O prazo de inscrición manterase aberto ata que se cubran as prazas por orde de solicitude (15 en outubro e 20 en novembro).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión