Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de mayo de 2023

Ademais, o ciclo Todo Público retoma a súa actividade no Fórum Metropolitano coa representación da obra ‘La loka historia de Frankenstein’

Danza contemporánea e teatro infantil dentro da oferta cultural municipal para esta fin de semana

O ciclo TRC Danza continúa este venres e sábado no Teatro Rosalía de Castro, cos espectáculos ‘Vaivén’ e ‘Manbuhsona’

Danza contemporánea e teatro, orientado ao público infantil, é a dobre oferta cultural que impulsa esta fin de semana o Concello no Teatro Rosalía de Castro, Teatro Colón e Fórum Metropolitano.

O ciclo TRC Danza oferta sendos espectáculos este venres e sábado, coa posta en escena das obras 'Vaivén' e 'Manbuhsona'. Serán ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. O ciclo retomarase posteriormente a partir de setembro.

'Vaivén', dirixida por Marcia Vázquez, é un espectáculo que trata de profundizar no mundo das emocións, relacionando danza, física e son a través de ondas sonoras coa paisaxe do océano Atlántico de fondo. Por outra banda, 'Manbuhsona' plantéxase coma unha viaxe á evolución vital dunha parella, sobre a superación de desafíos persoais, mergullándose para iso na natureza e inspirándose na beleza da nosa contorna.

O ciclo TRC Danza, que conta coa colaboración do circuíto estatal Danza a Escena e a Agadic, alcanza este ano a súa duodécima edición como unha referencia a nivel galego e nacional neste eido cultural. Son en total 13 espectáculos no Teatro Rosalía de Castro. A programación prevista entre abril e maio abrangue oito funcións, quedando as restantes para o último trimestre do ano. O programa conta coa presenza de importantes compañías e artistas galegos, nacionais e tamén internacionais.

'La loka historia de Frankenstein', no Fórum Metropolitano

Este sábado, ás 18.00 horas, volve o ciclo Todo Público ao Fórum Metropolitano. Será coa obra 'La loka historia de Frankenstein', unha peza de teatro que conta con varios premios, como o Premio OH ao Mellor Espectáculo Infantil e á Mellor Escenografia en 2019. Producida por Acar Teatro del Mundo, está interpretada por Anacelia Álvarez e Roca Suárez, e dirixida por Pep Vila. Trátase dunha obra que aborda aspectos como a diversidade e a aceptación do outro, as capacidades diferentes, as etiquetas, os diferentes ritmos de aprendizaxe e o respecto e a convivencia coas persoas distintas a un mesmo.

Todo Público é un ciclo de artes escénicas que cumpriu xa os 35 anos de existencia orientado para público familiar que esta primavera oferta oito espectáculos para nenos e nenas de 3 a 12 anos de contidos, estéticas e técnicas variadas, que van desde o teatro de máscaras, pasando polo teatro con música en directo e por monicreques. A súa programación complétase cunha oferta educativa, dirixida ao público escolar de educación infantil, primaria e secundaria, en horario lectivo.

A compañía Marie de Jongh chega mañá ao Teatro Colón

Pola súa banda, a compañía Marie de Jongh representará o venres no Teatro Colón, ás 20.30 horas, a súa obra 'Amour', espectáculo dirixido ao público de máis de sete anos e que está incluído dentro da programación do festival Corufest. 

A obra supón unha viaxe polos sentimentos, o amor e a desafectación a través dos anos. A obra trata de poñer en valor o teatro que se pode desfrutar conxuntamente entre nenos e maiores, como un lugar de encontro para compartir emocións e reflexións.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión