27 de noviembre de 2024
O cantante andaluz dará na Coruña o seu único concerto en Galicia dentro da súa xira especial ‘Todo es posible en Navidad’ o 13 de decembro de 2025
David Bisbal regresa en 2025 á Coruña despois de actuar no 2023 no Coliseum, celebrando os seus 20 anos de traxectoria. Nesta ocasión, o cantante de Almería recalará en exclusiva en Galicia na cidade coa súa nova xira 'Todo es posible en Navidad'.
Bisbal ofrecerá un repertorio especial adaptado á dita celebración, levando as súas cancións a só 10 cidades do país. O seu concerto na Coruña será o sábado 13 de decembro. A venda de entradas para público xeral comezará o vindeiro xoves 5 de decembro a través da páxina web do artista e das canles habituais do recinto.
"Desde o Goberno de Inés Rey seguimos amosando que somos un referente absoluto á hora de promover grandes concertos, sendo a única cidade do noroeste que contará con esta actuación especial", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. David Bisbal únese a outros grandes artistas presentes no 2025 na axenda musical coruñesa, como Alannis Morissette, Lenny Kravitz ou Duki.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible