Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de mayo de 2023

As entradas para esta actuación, que se celebrará o 22 de setembro, saen á venda este xoves ás 11.00 horas

Deluxe, primeira confirmación do ciclo de concertos Noites do Porto 2023

O ciclo de concertos se celebrará do 19 ao 24 de setembro nos terreos portuarios e en salas da cidade coa participación de artistas nacionais e internacionais

A terceira edición do ciclo de concertos Noites do Porto, promovido polo Concello da Coruña, confirmou esta mañá as súas datas e o seu primeiro cabeza de cartel. Os coruñeses Deluxe, liderados por Xoel López, volverán a actuar na cidade tras 15 anos. O ciclo de concertos foi presentado esta mañá en María Pita polo voceiro municipal, José Manuel Lage, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, Héctor César Marcos, director de Noites do Porto; José Carlos Giménez, de Esmerarte e Juan Martínez Inchausti, de Estrella Galicia .

Deluxe convértese na primeira confirmación do cartel de Noites do Porto 2023, que este ano adiantará a súa celebración un mes, concretamente, á terceira semana de setembro. Así, do martes 19 ao domingo 24 de setembro os peiraos do Porto e diferentes salas de concertos da cidade contarán cunha serie de directos únicos, con datas exclusivas en Galicia de bandas e solistas de diferentes estilos musicais, tanto de ámbito nacional como internacional. O concerto de Deluxe será un dos principais atractivos da edición e celebrarase o venres 22 de setembro. As entradas sairán á venda este xoves, 25 de maio, ás 11.00 horas.

"Noites do Porto é xa un ciclo de concertos do que estamos moi orgullosos no Concello da Coruña, pois escenifica a apertura para uso e goce da cidadanía dos peiraos interiores do noso porto", apuntou Lage durante a presentación. "Noites do Porto foi o primeiro, pero seguírono outros festivais, o Morriña e o Coruña Sounds, que traerá moi pronto tamén ao porto a bandas como Scorpions ou artistas como Rubén Blades", continuou o voceiro municipal.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión