20 de enero de 2021
A concellería pospón a cita que estaba prevista para o 14 de febreiro até que a situación sanitaria o permita
Deportes apraza a media maratón Coruña21, que estaba programada para o 14 de febreiro, debido ás circunstancias sanitarias actuais. Desde a concellería recordan que a cita non só esperta interese entre as/os atletas federados/os, senón tamén entre as persoas afeccionadas a correr esta distancia. Engaden que por iso estiveron valorando até o último momento ofrecerlles a todas e todos eles unha alternativa axeitada ao momento actual da pandemia, pero que as limitacións ao respecto das media maratóns sobre o número de participantes e a ampliación de espazos na saída e na meta, entre outras cuestións, imposibilitan calquera opción que combine un alto nivel competitivo coa partipación de corredores/as populares. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, afirma que "á vista do crecemento dos contaxios e tendo en conta a implantación das novas restricións ditadas pola Xunta de Galicia e que afectan directamente ao deporte popular e federado, Deportes anunciará a data definitiva da XIII edición da Media Maratón C21, incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo, cando a situación sexa favorable".
Dado que o primeiro obxectivo é protexer a saúde pública, Deportes vese na obriga de pospoñer a carreira até que a situación epidemiolóxica o permita con todas as garantías de seguridade. Neste punto, desde o Concello da Coruña aseguran que se teñen en conta todas as recomendacións para a realización de actividades deportivas e se adoptan outras adicionais co fin de que a veciñanza estea protexida ao máximo.
28 de marzo de 2024
28 de marzo de 2024
28 de marzo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible