Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2023

Ecosystems2030 reunirá a 64 relatores/as de gran relevancia e converterá A Coruña na capital da innovación

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou os preparativos do congreso internacional na súa sede en Palexco

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou esta mañá en Palexco os preparativos para a realización este xoves 4 e venres 5 do congreso internacional Ecosystems2030. A rexedora estivo acompañada por Omar Hatamleh, presidente do evento. Ambos destacaron que "A Coruña converterase na capital da innovación" grazas á presenza de ata 64 relatores/as de gran relevancia internacional.

"Teremos na cidade os maiores expertos e expertas a nivel mundial para analizar os ecosistemas emerxentes na actualidade e os últimos avances e implantacións de tecnoloxías como a intelixencia artificial, os sistemas autónomos, a robótica, a realidade virtual ou a realidade aumentada", sinalou Inés Rey. Na axenda do evento figuran nomes como o vicepresidente e CEO de innovación de Microsoft, Jason Wild; ou a directora de estratexia de investigación de Google AI, Pilar Manchón, e tamén os principais executivos de multinacionais doutros sectores como Red Bull, Airbus ou Loreal. Tamén participarán representantes públicos como o ministro de Economía Dixital de Xordania, Ahmad Hanandeh.

Inés Rey confirmou, ademais, a presenza do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, no acto de clausura do venres. "A realización de Ecosystems2030 de novo na cidade acada, ademais, unha dimensión superior debido á designación da nosa cidade para albergar a AESIA", explicou a rexedora.

O venres pola tarde, sesións abertas ao público

Por outra banda, Inés Rey quixo facer fincapé en que Ecosystems2030 terá o venres pola tarde sesións de portas abertas para que a cidadanía poida asistir e presenciar as conferencias programadas. "O noso obxectivo non é só acoller este evento senón implicarnos con el e que todo o noso tecido produtivo e a propia sociedade poida participar de primeira man", sinalou Inés Rey. O programa completo de conferencias e toda a información sobre as persoas poñentes pódese atopar na páxina web de Ecosystems2030.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión