Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2023

Este luns 18 sairán á venda as entradas para o vindeiro concerto de Melendi na Coruña, que conmemora os vinte anos do seu primeiro disco

O artista asturiano actuará o sábado 4 de novembro no Coliseum ao abeiro da xira ‘20 años sin noticias’, que inclúe grandes éxitos do seu álbum debut e un repertorio que non interpreta desde hai unha década

'Sin noticias de Holanda' supuxo o comezo dunha carreira musical que levou ao asturiano Melendi a convertirse nun dos artistas do pop e a rumba máis relevantes do país nestes últimos 20 anos.

Por iso, para conmemorar o lanzamento do seu álbum debut, o ovetense volve ás raíces do seu xénero con '20 años sin noticias', unha xira na que reinterpretará parte do repertorio dos seus primeiros discos e incluirá, por outra banda, temas que non cantou desde hai máis de 15 anos, ademais dos seus grandes éxitos máis emblemáticos.

Ao abeiro desta nova xira, Melendi actuará na Coruña o próximo sábado 4 de novembro (21.30 horas), no Coliseum.

Está previsto que a venda de entradas para o concerto se active este luns 18 de setembro, a partir das 12.00 horas. Habilitarase a adquisición das mesmas no despacho de billetes do IMCE da praza de Ourense, en horario de luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Tamén se poderán adquirir a través da web de Ataquilla e na páxina web oficial de Melendi.

Neste sentido, a xira '20 años sin noticias' vén acompañada polo próximo lanzamento do seu próximo disco, titulado de forma homónima, e que verá a luz a finais deste ano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión