Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de octubre de 2020

Festividade de Todos os Santos

Ante a previsión dunha asistencia maior da habitual aos cemiterios, o Concello establece o seguinte protocolo co fin de regular o acceso e que non se produzan aglomeracións nin un contacto estreito entre as persoas visitantes:

-Ampliarase o horario de apertura e peche dos cemiterios desde o 28 de outubro ao 1 de novembro das 08.00 ás 19.00 horas.

-Respectarase en todo o momento a distancia de seguridade de, polo menos, 1,5 metros entre persoas que non pertenzan ao mesmo grupo familiar.

-Os grupos familiares non deberán superar o máximo de cinco persoas.

-As persoas visitantes terán que usar máscara, agás nos supostos de excepción expresamente contemplados na normativa.

-Establecerase unha ocupación máxima para o uso dos aseos (unha persoa para espazos de ata catro metros cadrados).

-Haberá dispensadores de xel hidroalcólico.

-Haberá lugares diferenciados de entrada e saída no Cemiterio de Santo Amaro: as entradas realizaranse polos accesos principais dos cemiterios xeral e civil e polo Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez nº29 e as saídas serán pola rúa Rafael Baixeiras e polo Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez nº29.

Disporase de itinerarios que eviten, na medida do posible, que as persoas se crucen e poidan respectar en todo momento a distancia interpersoal.

Para o cumprimento de todas estas medidas empregaranse marcas no chan, balizas, cartelería ou sinalización.

Este protocolo estará supeditado á evolución da situación epidemiolóxica e as medidas de prevención que en cada momento acorde a Xunta de Galicia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión