25 de junio de 2022
A pasada semana, o equipo de restauración rematou o “zurcido” e selado de fracturas presentes na ‘Muller ártabra’, a peza máis danada do conxunto
O Concello da Coruña rematou a pasada semana os traballos de restauración no conxunto escultórico 'Ártabros', situado no parque escultórico da Torre de Hércules. A obra do autor Arturo Andrade (Allariz, 1956), recolle a imaxe do pobo ártabro coas figuras dunha muller, un mariñeiro e un guerreiro.
As actuacións nas esculturas, que comezaron na última semana de maio coa limpeza de tinturas de óxido presentes no granito, remataron esta semana cos traballos específicos sobre a 'Muller ártabra'. O equipo de restauradores e restauradoras, dirixido pola conservadora Iria López Baltar, visitou o conxunto do escultor ourensán para realizar unha primeira análise, durante a que se identificaron os materiais orixinais así como o tamaño das fracturas, para a súa restauración. No caso da muller ártabra foi preciso realizar o "zurcido" e selado de fracturas presentes na peza, así como a retirada dos remaches metálicos rotos e descabezados, presentes nas tres pezas escultóricas.
Estas representacións son unha homenaxe á sociedade ártabra da época, ao estar caracterizadas cos atributos que lle serían propios no seu tempo.
Coa restauración do conxunto escultórico 'Ártabros', o Goberno municipal de Inés Rey avanza na súa aposta pola conservación e recuperación do patrimonio histórico da cidade. Esta actuación súmase a outras realizadas no mesmo eido, como a reposición da escultura orixinal de Emilia Pardo Bazán nos Xardíns de Méndez Núñez, a recuperación do 'Breogán' de Escudero Carril ou a recuperación dos reloxos históricos propiedade do Concello.
27 de abril de 2024
26 de abril de 2024
26 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible