Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de octubre de 2023

Gonzalo Castro: “A historia da Academia de Belas Artes é tamén a historia da Coruña”

O edil interviu na apertura da mostra ‘A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso’ do Arquivo do Reino de Galicia

O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, interviu esta mañá na apertura da exposición 'A historia da Academia de Belas Artes da Coruña e Picasso', organizada polo Arquivo do Reino de Galicia, xunto con Anxo M. Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Carmen Prieto, directora do Arquivo do Reino de Galicia.

A exposición fai un percorrido polos primeiros 70 anos da Escola (1850 -1920) por medio da súa documentación. Castro explicou que "a historia da Academia de Belas Artes é tamén a historia da Coruña" reivindicando a estreita vinculación da academia coas principais figuras coruñesas máis ilustres como María Barbeito, José Sellier ou o propio Pablo Picasso. O edil puxo en valor a colaboración entre o Goberno Autonómico e o Concello para a celebración do Ano Picasso.

A mostra repártese en tres apartados: un primeiro dedicado á cidade da Coruña, que acolleu a primeira escola deste tipo en Galicia; un segundo centrado no paso de Pablo Picasso pola Escola de Belas Artes, tanto polo que se refire a el como a outros artistas da súa contorna ou proximidade cronolóxica; e un terceiro apartado, o máis amplo, que está centrado na pegada da Escola de Belas Artes na cidade e na formación dos milleiros de coruñeses que pasaron polas súas aulas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión