Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de diciembre de 2022

A proposta ‘Chapata de cerdo ao estilo Shin Chan’ fíxose co premio “Mellor Bocata Boucatise 2022” e tamén co galardón “Mellor Bocata Boucatise-Maridaxe Estrella Galicia”

Greca gaña por partida dobre a VII edición de Boucatise, o Festival Bocata Gourmet A Coruña

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou o alto nivel acadado nesta edición, “unha mostra máis do potencial gastronómico da cidade”

Greca Bar gañou por partida dobre o Boucatise, o VII Festival Bocata Gourmet A Coruña, celebrado esta fin de semana no Mercado de San Agustín. Como resultado da votación popular, a proposta 'Chapata de cerdo al estilo Shin Chan', de Greca, fíxose co premio "Mellor Bocata Boucatise 2022" e tamén co galardón "Mellor Bocata Boucatise-Maridaxe Estrella Galicia". 

Esta tarde tivo lugar o acto da entrega de premios. O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, e presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Juan Ignacio Borrego, entregou o premio ao mellor bocata e Laura Verdejo Alfeirán, Trade Marketing Planner en Hijos de Rivera, fixo entrega do premio Mellor Bocata-Maridaxe Estrella Galicia, ámbolos galardóns de 500 euros.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou o alto nivel acadado nesta edición de Boucatise e recordou que A Coruña conta cun enorme potencial gastronómico, como demostra en cada evento e logo dun intenso outono gastronómico "con produtos de máxima calidade e sofisticadas propostas culinarias".

A VII edición do Festival Bocata Gourmet A Coruña, Boucatise, rematou hoxe con éxito de público. Ademais dos postos con orixinais propostas de bocadillos creadas en exclusiva para a ocasión, houbo demostracións en directo por parte dos cociñeiros e cociñeiras, música e un espazo infantil con xogos e actividades.

Participaron nesta edición de Boucatise, organizado cada ano polo Concello da Coruña a través do Consorcio de Turismo e Congresos, 12 establecementos coas súas propostas de bocadillos ideados en exclusiva para este evento: Asador Gonzaba, Cantón 23, Intenso, La Conquista, La Esquina de Valentina, Greca Bar, La Mansión 1783, La Teresa, Millo Orzán e Roots. Na planta baixa do mercado: Habaziro e Café Veracruz, coas súas propostas de doce e café. Os prezos dos bocadillos situáronse entre os 4,50 e os 6 euros.

Showcookings

Onte pola mañá houbo showcookings de Ana Elorza, Antonio Roaro e Francisco Pires, de Nana Pancha; de Diego Belo, de Cantón 23 e de Carlos Pérez, de Overa. Pola tarde foi a quenda de Ángeles Romero, Catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Santiago (USC) e Directora da Cátedra do Pan e do Cereal.

Esta mañá houbo demostracións en directo de: Manuel Triay, de Taberna Triay; Andrea Fantini, de La Teresa; e Nacho Moreira, de La Esquina de Valentina. Tamén se organizou un espazo con xogos e actividades para nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión