Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de abril de 2022

Inés Rey: “A ciencia é unha forza de progreso que beneficia a toda a cidadanía”

A alcaldesa presidiu a final da primeira edición de Imaxina, un concurso que procura fomentar a divulgación científica entre a mocidade

A alcaldesa, Inés Rey, foi a encargada de presidir a entrega de premios da primeira edición do concurso Imaxina Coruña. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Educación e os Museos Científicos Coruñeses, e parte dunha idea orixinal dun grupo de alumnos e alumnas do IES Eusebio da Guarda.

O obxectivo desta competición é difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de Secundaria e Bacharelato. Os e as participantes tiveron que deseñar unha investigación ou un proxecto que permitise resolver algunha dificultade presente hoxe en día na sociedade. Para tal fin, tiveron que usar diferentes ramas da ciencia: tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas. "Imaxina nace coa premisa de que todos os mozos e mozas da Coruña sexan conscientes da importancia da ciencia na nosa sociedade", sinalou Inés Rey.

Despois da primeira fase, levada a cabo nos centros, este sábado tivo lugar a final na Domus, que realizou unha xornada de portas abertas e contou con diferentes actividades. Houbo obradoiros científicos, espectáculos para toda a familia e actuacións divulgativas para os máis pequenos. A xornada concluíu co anuncio dos proxectos gañadores, que foron valorados durante este sábado por un xurado xuvenil.

Inés Rey destacou durante a entrega de premios o esforzo e entusiasmo amosado polas persoas participantes. "A ciencia é unha gran forza de progreso. Grazas á ciencia e ás vosas ideas atopamos solucións que benefician ás persoas e ao noso medio", sinalou a alcaldesa.

O xurado recoñeceu co Premio á Sostibilidade o traballo Micotectura, de Florencia Isabel Balnelli Rivero e Pablo Araújo Rodríguez, do IES Agra do Orzán; co Premio á Innovación, o proxecto Biopen, de Sergio García Camacho, Daniela Galván López, Alejandro Pan Vilariño e María Rilo Juega, do CPR Sagrado Corazón; e o Premio ao Compromiso Social ao proxecto Remoldeado, de Marta Méndez Seoane, Julia Centeno Roel e Hugo Suárez Rodríguez, do IES Urbano Lugrís.

As persoas premiadas poderán asistir a feiras e congresos científicos para continuar avanzando cos seus proxectos ou investigacións e atopar novas ideas nos seus eidos. Inés Rey animou aos asistentes e demais estudantes da Coruña a comezar a pensar ideas para a segunda edición deste concurso. "A Coruña e o mundo enteiro necesita das vosas ideas para facer unha sociedade mellor", dixo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión