Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de abril de 2021

Inés Rey: ”A refinaría da Coruña supúxolle a Repsol grandes beneficios ao longo de todos estes anos e a evolución enerxética debe abrir novas vías de empregabilidade”

Rey recordou que o modelo de transición enerxética precisa dun fortalecemento do persoal traballador e “non debe ser a razón para que o emprego diminúa”

A alcaldesa, Inés Rey, expresou hoxe o seu apoio ás traballadoras e traballadores e mais ás súas familias ante a decisión do Grupo Repsol de levar a cabo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na Refinaría da Coruña por causas produtivas derivadas da pandemia do coronavirus para un máximo de 212 traballadoras/es, o que supón o 31% do cadro de persoal.

A rexedora puxo o Concello ao dispor das persoas afectadas polo ERTE e recordou que o modelo de transición enerxética precisa dun fortalecemento do persoal traballador: "non debe ser a razón para que o emprego diminúa". Confía en que a situación da planta da Coruña sexa temporal e recupere a normalidade co proceso de vacinación da Covid, que paliará os efectos económicos da crise actual.

Deste xeito, confía en que a empresa atope medidas temporais para evitar a baixada de consumo e a situación pandémica mentres a normalidade se vaia restablecendo. Por iso, a alcaldesa agarda que as negociacións do expediente culminen dunha forma xusta para todas e todos e lembrou que a Refinaría da Coruña lle supuxo ao longo de todos estes anos grandes beneficios a Repsol e que esa evolución enerxética debe repercutir en novas vías de empregabilidade e actividade industrial.

Inés Rey é consciente do momento actual que afecta á mobilidade e ao transporte e que repercute, en particular, ás compañías que se dedican ao procesamento e comercialización de combustible.

A alcaldesa cualificou o anuncio como "unha decisión moi preocupante para o sector industrial" e ínstalle á empresa a garantir a continuidade dos postos de traballo xa que entende que o futuro da compañía está fóra de toda dúbida.

O Goberno local entende que, segundo anunciou o Goberno central, o remate do estado de alarma provocará un aumento no consumo de petróleo derivado dunha maior mobilidade e polo tanto haberá unha maior demanda na refinaría coruñesa. Esíxelle á empresa que garanta os investimentos previstos nas instalacións nos próximos anos, o que suporá a consolidación dos postos de traballo e influirá decisivamente no futuro industrial da cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión