Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de noviembre de 2020

Inés Rey: “A rolda peonil é un dos eixes deste goberno e segue o seu cauce”

A alcaldesa anunciou que o 16 de novembro comezarán os traballos de peonalización da rúa Mariscal Pardo de Cela, que conforma un novo tramo da rolda peonil que unirá o Parque de San Diego co futuro Parque do Agra

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o 16 de novembro comezarán os traballos de peonalización da rúa Mariscal Pardo de Cela, que conforma un novo tramo da rolda peonil que cruzará a cidade. Rey apuntou que "será outro dos tramos da rolda peonil, que é un dos eixes deste goberno e segue o seu canle para que sexa unha realidade. Ademais, seguimos cos trámites de Alcalde Marchesi e Ramón Cabanillas".

O proxecto de mellora de Mariscal Pardo de Cela, ademais de mellorar a accesibilidade peonil, tamén optimizará a ciclable, xa que este tramo será un dos da rolda peonil que contará con carril bici, incrementando o espazo público e acondicionando as vías existentes para mellorar a súa seguridade. O ámbito de actuación para estas obras, que contan cun orzamento municipal de case 220.000 euros, abranguen a propia rúa Mariscal Pardo de Cela e as súas interseccións coas rúas Fernando Rey, Cronista Pacheco e Oidor Gregorio Tovar.

Actualmente, Mariscal Pardo de Cela atópase nun estado de degradación avanzada e, desde o Goberno local, "considerouse urxente a súa necesidade de reparación". Deste xeito, a actuación que se desenvolverá nesta vía implicará unha completa renovación da súa imaxe, poñendo no centro ao peón e ás/os ciclistas.

A nova rolda peonil na que traballa o Concello unirá o Parque de San Diego co futuro Parque do Agra, un proxecto que suporá un cambio na mobilidade da cidade. Pola súa banda, o primeiro tramo de Alcalde Marchesi está pendente do informe de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e o segundo tramo, que vai desde Ramón y Cajal ata a Gaiteira, terá un proxecto a finais de 2020. Canto ao tramo de Ramón Cabanillas, tamén contará cun proxecto antes de fin de ano.

O proxecto enmárcase dentro de la Estratexia EidusCoruña, financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión