11 de abril de 2025
A alcaldesa da Coruña participou na lectura do manifesto polo Día Mundial do Párkinson
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na praza de María Pita na lectura do manifesto polo Día Mundial do Párkinson. O acto, convocado pola Asociación Párkinson Galicia, reuniu a membros da corporación municipal, alcaldes, alcaldesas e concelleiros/as de diferentes concellos da área metropolitana, asociacións, empresas e particulares. Rey estivo acompañada por Mila Oreiro, directora da Asociación Párkinson Galicia; Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade; e Ricardo González, membro da asociación, que leu o manifesto.
"Desde o Goberno municipal, a través da Concellaría de Benestar Social, traballamos activamente coas asociacións locais e provinciais para dar cobertura aos problemas do día a día", sinalou a alcaldesa, que reclamou unha maior implicación das administracións con competencias directas en saúde. Baixo o lema 'Non deas nada por sentado', o manifesto quere concienciar a cidadanía da importancia que ten coñecer e estar informado da enfermidade e das súas múltiples variantes. "Non podemos permitir como sociedade que se instaure no noso imaxinario colectivo que o párkinson é unha enfermidade que só lles afecta ás persoas maiores ou que o seu único síntoma son os tremores. Cómpre romper os estigmas asociados ao párkinson para dignificar as persoas que padecen esta enfermidade", sinalou Rey.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible