Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de septiembre de 2021

Inés Rey destaca a aposta do Goberno do Estado para consolidar o seu modelo de cidade sostible

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que a cidade recibe esta convocatoria “co compromiso co que levamos dous anos apostando, que non é outro que un modelo de cidade máis sostible e máis accesible”. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, convocou esta mañá unha reunión de traballo á que asistiron a rexedora herculina, o alcalde de Santiago, a alcaldesa de Lugo e o seu homólogo en Ferrol.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu á reunión citada polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o rexedor de Ferrol, Ángel Mato, co fin de lles presentar o programa de axudas a municipios para a implantación de Zonas de Baixas Emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano que acaba de impulsar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana por valor de 1.000 millóns de euros nunha primeira convocatoria.

Rey sinalou que a cidade da Coruña recibe esta convocatoria "co compromiso co que levamos dous anos apostando, que non é outro que un modelo de cidade máis sostible e máis accesible". Temos un obxectivo claro, asegurou, "que é precisamente o que recolle esta convocatoria", para acelerar a mellora da calidade do aire, contribuír á descarbonización do transporte urbano, facer máis atractiva a mobilidade activa fomentando o uso da bicicleta e os desprazamentos a pé, e tratar de que o vehículo privado motorizado sexa máis limitado no centro da cidade.

"As axudas que hoxe centran a nosa atención poden servir de pulo á nosa política de sostibilidade e, por tanto, queremos levar adiante, coa axuda do Estado, a implantación de Zonas de Baixas Emisións cun novo sistema intelixente para xestionar a mobilidade urbana. Tamén a monitorización do conxunto da nosa mobilidade, coa utilización das novas tecnoloxías e cun socio preferente no eido tecnolóxico como é o CITIC. Alí presentaremos uns proxectos para dotar de tecnoloxía á nosa rede de xestión do tráfico" apuntou a rexedora herculina.

Estas axudas permitirán ao Goberno local avanzar en actuacións xa proxectadas como as de Ramón Cabanillas e Alcalde Marchesi-Primavera, que serán de uso exclusivo peonil. Rey explicou que o Concello da Coruña tamén presentará un proxecto de plataforma reservada para o transporte público, que coincide co programa que presenta o ministerio; a ampliación do noso carril bici, a mellora dos aparcadoiros de bicicletas e a ampliación do programa BiciCoruña.

En definitiva, Rey indicou que o seu executivo quere continuar cos proxectos de mellora da mobilidade e da sostibilidade: "Hoxe xa non o facemos sós, senón co compromiso firme e orzamentario para desenvolver estas políticas que ten o Goberno de España que lidera Pedro Sánchez e que amosa unha vez máis o seu compromiso e a defensa do municipalismo, das cidades e das políticas socialistas que se están levando a cabo en todo a país", sentenciou.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión