Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de mayo de 2026

A programación inclúe actividades infantís, música, sesións vermú, concertos, xogos tradicionais e actuacións de DJs durante toda a fin de semana

Inés Rey destaca a aposta por Xuxán, que contará con servizo de autobús urbano a partir de xuño

A alcaldesa deu este sábado o pregón das primeiras festas de San Job, nas que puxo en valor a transformación e o crecemento do barrio

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este sábado nas primeiras festas de Xuxán, dedicadas a San Job, cun pregón no que destacou a evolución do barrio nos últimos anos e a creación dunha nova comunidade veciñal arredor dun dos grandes ámbitos de crecemento da cidade. Tamén puxo en valor a aposta do Goberno local porque o barrio conte cos mellores servizos e anunciou que no mes de xuño contarán con autobús urbano.

Durante a súa intervención, Rey destacou que sente unha conexión especial con Xuxán por ter acompañado de preto a evolución do barrio desde os seus inicios, cando aínda era coñecido como o Ofimático: "Un nome frío, técnico, que pouco tiña que ver coa identidade real deste lugar". 

Así, a rexedora lembrou tamén o proceso de recuperación do nome tradicional de Xuxán e puxo en valor a transformación experimentada polo barrio "este barrio pasou de ser un proxecto a converterse nun fogar", destacando que nos últimos anos viviron moitas primeiras veces: "Vimos chegar os primeiros habitantes, as primeiras árbores, o primeiro parque e tamén as primeiras luces de Nadal".

Rey destacou ademais que Xuxán "é hoxe un lugar privilexiado para vivir", un barrio moderno, sostible e conectado co resto da cidade, cun modelo urbanístico pensado para as persoas e para a convivencia. Neste sentido, fixo referencia tamén á conexión do novo ámbito residencial con zonas consolidadas como Matogrande e Elviña.

A rexedora agradeceu o traballo da comisión de festas, das entidades veciñais e das persoas voluntarias que fixeron posible esta primeira edición das festas de San Job, que nacen coa vontade de consolidarse como unha cita anual para o barrio.

Programación completa

O programa festivo desenvolverase durante toda a fin de semana con actividades para todos os públicos.

A xornada do sábado inclúe chocolate con churros, actividades infantís, xogos sobre reciclaxe, sesión vermú, festa da escuma, a actuación da Nova Trova Coruñesa, un concerto de Pablo Balseiro con repertorio dos anos 80 e 90, o tradicional acendido nocturno e unha sesión DJ.

O domingo continuará a programación con pasarrúas a cargo de Folerpas, xogos tradicionais organizados pola asociación veciñal, sesión vermú con Os Kibbis, sesión musical xuvenil e un tardeo musical ambientado tamén nos éxitos das décadas dos 80 e 90.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión