3 de febrero de 2025
A alcaldesa da Coruña participou esta mañá na visita ás obras da conexión ferroviaria co porto exterior, que avanzan agora co cale do túnel 1 e a voladura da excavación na boca do lado de Vío
A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor hoxe os avances que están a experimentar as obras de construción da conexión ferroviaria co porto exterior de Punta Langosteira, que hoxe chegaron a paso clave: o cale do túnel 1 e a última voadura da escavación, na boca situada no lado de Vío.
Rey, que acompañou o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na posta en marcha desta intervención, subliñou a importancia da colaboración interadministrativa "para que iniciativas do calado de Punta Langosteira sexan unha realidade", e apuntou ao "diálogo construtivo" como o camiño que cómpre seguir para dar novos pasos en cuestións fundamentais para A Coruña e a súa área metropolitana en termos de melloras da mobilidade, transporte e loxística.
Neste sentido, a rexedora destacou que esta filosofía foi a que permitiu que xa estean en marcha iniciativas como as obras de ampliación e remodelación de Alfonso Molina, o avance dos traballos de construción da nova estación intermodal, o asentamento das bases para renovar a fachada marítima da Coruña ou rubricar o saneamento da ría do Burgo, entre outras.
"Todas estas cuestións son fundamentais para modernizar a cidade, interconectala adecuadamente cos concellos próximos e propiciar unha dinamización económica que, por exemplo, xa é palpable en Punta Langosteira coa chegada de empresas e o pulo a sectores de futuro como as enerxías renovables", incidiu Rey.
O proxecto da Cuarta Rolda, en fase de redacción
No acto desta mañá en Vío, a alcaldesa tamén agradeceu a disposición e implicación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para avanzar na consecución do proxecto da Cuarta Rolda, actualmente en fase de redacción.
Tal e como se informou a mediados de decembro, na visita do director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, na redacción xa se inclúe que o trazado final da Cuarta Rolda atenda as necesidades futuras da cidade en termos de transporte, loxística e mobilidade, incorporando a conectividade cos polígonos empresariais da Coruña, recollendo as achegas de Agrela, Pocomaco e Vío para contribuír ao seu desenvolvemento.

27 de febrero de 2026

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible