Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de septiembre de 2022

A alcaldesa recibiu ao ministro en María Pita quen mantivo un encontro de traballo co goberno municipal

Inés Rey destaca o peso político da Coruña na visita do ministro da Presidencia á cidade

Analizaron detalles do próximo cume hispano-alemán e abordaron a situación dos proxectos do Estado na cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou esta mañá na recepción ao ministro da Presidencia, Relacións Institucionais e Memoria Democrática Félix Bolaños en María Pita, que a cidade "está a recuperar o seu peso político como pon de manifesto a celebración do próximo cume hispano-alemán os días 5 e 6 de outubro na Coruña". 

A alcaldesa que mantivo unha reunión de traballo xunto co seu goberno co ministro Bolaños, traslaoulle o seu agradecemento por ter escollido A Coruña e amosoulle a súa convicción de que "a cidade estará a altura do encontro". 

A alcaldesa e o ministro da Presidencia, repasaron os detalle o estado dos proxectos que está a desenvolver o goberno na cidade como o dragado da Ría do Burgo, o tren a Langosteira e a estación intermodal e puxeron en común os retos pendentes en materia de mobilidade, abordados esta mesma semana tamén coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez. 

Inés Rey destacou que a interlocución co goberno de España permitiu desbloquear proxectos históricamente pendentes "foi durante este mandato e con este goberno co que se conseguiu poñer en marcha infraestructuras fundamentais para o futuro da cidade como o tren a Langosteira e o dragado da ría do Burgo"

Ademais abordaron o impacto na cidade das medidas que está a tomar o goberno central no ámbito do aluguer, os combustibles, a enerxía ou o transporte público e analizaron as próximas convocatorias de fondos Next Generation ás que poderán acceder proxectos que está a desenvolver o Concello. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión