17 de xaneiro de 2025
Aberta a inscripción para a XII edición do circuíto Copruña Corre, que comenará o 15 de marzo coa carreira popular da Torre de Hércules
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a Gala Coruña Corre 2024, na que se entregaron os recoñecementos aos e ás mellores atletas e equipos participantes na edición número 11 do circuíto de carreiras populares máis importante de Galicia, que concluíu o pasado 15 de decembro coa proba de Novo Mesoiro. A alcaldesa estivo acompañada pola concelleira Nereida Canosa.
"O éxito de Coruña Corre é grazas a todos vós, que todos os meses madrugades, calzades as zapatillas e saídes á rúa a facer quilómetros e quilómetros, cada un cun obxectivo diferente pero todos buscando mellorar a vosa saúde e calidade de vida", sinalou a alcaldesa durante a súa intervención. A rexedora tamén anunciou que desde hoxe está aberta a inscrición no circuíto e na primeira das probas, a carreira popular da Torre de Hércules, que se disputará o 15 de marzo e servirá tamén para conmemorar o 8M cunha andaina solidaria. A rexedora agradeceu a implicación dos clubes da cidade co deporte de base, impulsando que cada vez haxa máis nenos e nenas participando nas probas infantís. Ademais, a alcaldesa avanzou que estase a estudar amplir o circuíto a barrios polos que aínda non pasa, porque así o están a pedir algunhas entidades veciñais e deportivas.
Este ano o circuíto Coruña Corre volverá a contar con sete probas repartidas ao longo do ano e co barrio de Xuxán integrado na proba de Matogrande. "A xente dos barrios, como dicimos desde o Concello, é outra desas cousas que fan excepcional este circuíto, pois cada barrio e as súas asociacións veciñais implícanse ao 100% coa celebración da súa proba e cada carreira é diferente á anterior", sinalou Inés Rey, que tamén apunto que se está a estudar a posibilidade de ampliar o circuíto e chegar a novos barrios.
A Gala Coruña Corre 2024 celebrouse no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, ao que asistiron moitas das persoas participantes no circuíto, así como entidades veciñais, membros da corporación e patrocinadores. O acto contou co animador habitual das carreiras, Xalo Maira, como presentador. Estivo acompañado sobre as táboas pola humorista Cata Ukelele. Ademais, houbo música en directo durante todo o transcurso da gala. Os máximos galardóns foron para Inés Papín e Antón Gómez, gañadores do circuíto na categoría absoluta.
Ademais da apertura das inscricións, tamén se anunciaron as datas de celebración de cada carreira do circuíto. Tamén se animou a participar na próxima edición do Medio Maratón C21, que se celebrará o domingo 9 de febreiro e que, un ano máis, contará cunha proba de cinco quilómetros.
Datas do circuíto Coruña Corre 2025
11 de xaneiro de 2025
13 de decembro de 2024
22 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible