Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2023

Inés Rey eloxia o traballo do coruñés Alberto Vázquez, creador de ‘Unicorn Wars’

O Concello organizará unha mostra sobre o proceso creativo levado a cabo nesta película gañadora do premio Goya

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu ao director de animación, ilustrador e debuxante coruñés Alberto Vázquez, que vén de acadar o premio Goya a mellor película de animación por 'Unicorn Wars'. A rexedora eloxiou o seu singular traballo artístico, que anteriormente xa lle levou a gañar outros tres premios da Academia de Cine española.

O Concello organizará nos próximos meses na sala de exposicións de María Pita unha mostra sobre o proceso creativo de 'Unicorn Wars', na que tamén será exhibido o seu premio Goya. "Con esta iniciativa buscamos que a cidadanía coñeza máis en profundidade o traballo que hai detrás dunha das propostas de animación máis rompedoras do momento", sinalou Inés Rey, que felicitou ao artista polo seu traballo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión