Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de abril de 2021

Inés Rey: “Hoxe dáse un paso definitivo para avanzar nunha infraestrutura que levaba máis dunha década paralizada”

A alcaldesa recorda que a Estación Intermodal se suma a outros grandes proxectos que tamén saíron adiante nos últimos meses como o tren a Langosteira, a Cidade das TIC, o centro de Santa Lucía e o novo CHUAC

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, celebra o paso anunciado hoxe por Adif para a futura firma do convenio da Estación Intermodal, un paso definitivo de cara a desbloquear esta importante infraestrutura para a cidade, que levaba doce anos paralizada. Para a rexedora, isto é froito do diálogo constante e recorda que desde a executiva local se solicitaron os informes pertinentes da Administración Xeral do Estado para selar o inminente acordo entre Adif, Xunta e Concello.

Recorda que desde que iniciou o mandato, o seu goberno levou a cabo as modificacións urbanísticas oportunas co fin de facer realidade este gran proxecto, clave para reorientar a mobilidade da comarca. De feito, lembrou que na sesión plenaria do 8 de abril, a corporación sacou adiante de maneira inicial a modificación puntual do Plan xeral do 2013 no sector ferroviario da Estación de San Cristovo (avenida do Ferrocarril), o que posibilitou avanzar na Intermodal. Deste xeito, foi posible adaptar o proxecto de ADIF para a terminal de trens e adaptalo ao plan que a Xunta executará na estación de autobuses. Anteriormente, aprobárase de maneira provisional a modificación do ámbito da avenida da Sardiñeira.

A Estación Intermodal súmase así a outras grandes infraestruturas que se desbloquearon nos últimos meses como a conexión ferroviaria a Punta Langosteira, a Cidade das TICs, o centro de Santa Lucía e o novo CHUAC: "Isto é consecuencia da lealdade institucional e da recuperación do diálogo, cuestións que se marcou como obxectivo este Concello co fin de procurar o máximo benestar das nosas veciñas e veciños".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión