Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2026

Inés Rey: “Imos a seguir traballando pola cidade porque o feito de que haxa eleccions non pode ser un freo para mellorar os barrios e o benestar das coruñesas e coruñeses”

O Goberno local seguirá adiante co proceso de diálogo coas formacións políticas para aprobar os orzamentos do próximo exercicio, a pesar da non comparecencia dos nacionalistas na reunión de hoxe

A alcaldesa, Inés Rey, convocou hoxe ao Bloque Nacionalista Galego a unha reunión en María Pita para preparar os orzamentos do exercicio de 2027. Non obstante, ningún representante da formación se presentou á cita. "Nun momento como o que vivimos, onde diferentes forzas políticas esta semana deron un exemplo de diálogo e de chegar a acordos para solucionar os problemas da xente, é máis necesario que nunca que haxa altura de miras na política e vontade de diálogo", valorou Rey. Acompañaron á alcaldesa o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, e a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa. 

A alcaldesa tamén apuntou que o Goberno seguirá adiante co proceso de escoita e diálogo para conseguir uns orzamentos progresistas. "O pacto orzamentario ao que chegamos neste exercicio leva máis dun 70% executado, e o plan de barrios superou xa os 89 millóns mobilizados. Estamos a avanzar en políticas públicas que melloran a vida da xente. O noso obxectivo é seguir por ese camiño". 

O Goberno local tiña preparados para a reunión varios documentos de propostas e diálogo centrados, fundamentalmente, en tres eixos: "En primeiro lugar, a vivenda, a primeira e principal preocupación dos cidadáns. En segundo lugar, as actuacións nos barrios e a mellora da calidade de vida urbana na cidade. E, en terceiro lugar, por suposto, os convenios nominativos co tecido social, deportivo e cultural desta cidade, que, por certo, está máis vivo que nunca e máis apoiado que nunca con este Goberno". 

Así, Rey propoñía comenzar unha fase de diálogo que tivera como centro cuestións fundamentais relacionadas cos deberes dos servizos públicos, como son o benestar social, os dereitos das mulleres ou a defensa ás persoas e colectivos vulnerables, "especialmente en momentos de crisis nos que poden quedar desprotexidos".

"A nosa responsabilidade era dicirlle hoxe á xente que estamos aquí para traballar para eles, para mellorar a súa vida. Nun Concello, o documento que pode facer iso son os orzamentos municipais. Nós estabamos dispostos a sentarnos a falar e escoitar, pero a resposta que obtivemos é unha cadeira baleira ", engadiu Rey. 

Por último, a alcaldesa adiantou que o Partido Popular será tamén chamado a unha reunión  para contribuír á redacción dos orzamentos. "Sentarémonos con todos para ver cales son os puntos en común", dixo a alcaldesa. 

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión