10 de julio de 2024
A alcaldesa presidiu a apertura da mostra ‘Identidade, memoria histórica e movementos sociais’ que estará aberta á cidadanía durante un ano na Fundación
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a apertura ao público da mostra 'Identidade, memoria histórica e movementos sociais', que supón a exposición da obra de Luís Seoane na fundación que leva o seu nome tras tres anos de ausencia. A rexedora estivo acompañada da directora da Fundación Luís Seoane, Carmen Jiménez, e das comisarias da exposición, Silvia Longueira e María Antonia Pérez.
"Luís Seoane deslumbrou ao mundo levando sempre a cidade e Galicia por diante, legándonos un luxo de obra que hoxe volve a estar a disposición da cidadanía", sinalou a alcaldesa durante a súa intervención. A exposición permanecerá aberta á cidadanía na Fundación Luís Seoane durante un ano.
Este proxecto reúne óleos, gravados, debuxos e produción editorial contextualizados dentro de tres grandes bloques temáticos, que poñen de manifesto diferentes aspectos do pensamento do artista galego. As vangardas europeas, a reivindicación da historia, tradicións e identidade galegas, a arte e cultura americanos, o compromiso político e a incorporación de Galicia aos postulados da modernidade son os fíos condutores desta exposición. "Apostamos pola cultura de vangarda e pola modernidade que caracterizou sempre a esta cidade e a que tanto empeño puxo en difundir por Galicia o propio Seoane", dixo a alcaldesa.
A exposición incluirá un programa de visitas guiadas para adultos e, a partir do mes de setembro, acollerá á comunidade educativa. A mostra contará con máis de 50 pezas, entre óleos, obra gráfica, debuxos, produción editorial e outros soportes, distribuídas en dúas salas segundos os tres apartados aos que fai referencia o seu título: Identidade, Memoria Histórica e Movementos Sociais.

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible