4 de marzo de 2026
A alcaldesa destacou a figura como un “home próximo que fixo mellor ao pobo galego”
A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe no acto de clausura do Día das Artes Galegas, cunha homenaxe ao intelectual e artista Isaac Díaz Pardo organizado pola Academia Galega de Belas Artes. Acompañaron á rexidora o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, o vicepresidente da Academia Celestino García Braña, o académico Xosé Díaz Arias de Castro e a cantante e académica Rosa Cedrón, que interpretou ao violoncelo composicións de Bach, o compositor favorito de Díaz Pardo.
"O compromiso social foi o motor. O creatividade foi a gasolina. Díaz Pardo era un talentoso descubridor de talentos. Teceu ao longo da súa traxectoria unha rede de amizades e colaboradores que fixeron máis grande Galicia a través da exploración de territorios ata entón descoñecidos. Buscaba formas, escenas, historias que nacían primeiro na súa mente e despois facíanse verdade a través das súas mans expertas", apuntou Inés Rey no seu discurso.
Esta acto pecha un ano de simposios e conferencias, que comezou coa exposición "A barca de Caronte" no Museo de Belas Artes da Coruña. Ademais, tal e como recordou a Academia, elaboráronse publicacións e carteis, como o Cartel de cego elaborado polo artista sobre a vida de Castelao, que foron distribuídos polos centros educativos galegos para dar a coñecer a importancia da figura de Isaac Díaz Pardo na cultura galega.
"Isaac Díaz Pardo, un intelectual e un home próximo, fíxonos mellores como pobo. E os pobos non esquecen aos que un día sinalaron o camiño cando nada estaba escrito", rematou Rey.

3 de marzo de 2026

17 de febrero de 2026

27 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible