Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de julio de 2026

Inés Rey propón que Salvador de Madariaga sexa nomeado fillo predilecto da Coruña

A alcaldesa participou hoxe no acto conmemorativo do 50 aniversario do seu retorno á cidade tras o exilio

A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe na homenaxe que o Instituto José Cornide rendeu a Salvador de Madariaga que tivo lugar no Salón de Sesións de María Pita con motivo do 50 aniversario do seu retorno do exilio, despois da fin da ditadura. "Salvador de Madariaga pertence a unha xeración de xigantes sobre cuxos ombros avanzamos hoxe. Grandes intelectuais e artistas que, desde diferentes posturas e convencementos, contribuíron desde os seus respectivos recunchos a deixar un legado que puidésemos recoller e transformar en algo bonito e valioso. Unha sociedade máis xusta, máis ampla, máis comprensiva", apuntou Inés Rey.

Ademais, Inés Rey anunciou que o Concello iniciará os trámites para o nomeamento de Madariaga como fillo predilecto da Coruña, cidade na que naceu o 23 de xullo de 1886, hai exactamente 140 anos. "Desta forma, este Goberno quere contribuír a que a vida e obra deste grande intelectual galego siga viva e presente. Para que todo aquilo que nos ensinou no pasado sirva para tamén para seguir traballando nun futuro mellor e máis xusto".

Rey quixo aproveitar a ocasión para reivindicar o espírito inconformista de Madariaga, unha das grandes mentes coruñesas que dedicou a súa vida á defensa da democracia e á loita contra o réxime franquista desde fóra de España. "Foron tantas as facetas que lle mostrou ao mundo que é difícil describir nunhas poucas palabras quen foi e que fixo. Un demócrata. Un intelectual. Un escritor. Un poeta. Un pensador. Todo isto é certo, mais non é todo. O que elevou realmente a figura xa inmensa de Madariaga foi o gran drama da súa vida. Un exilio de 40 anos. Lonxe da súa España e da súa Galicia. Lonxe das xentes, a cultura, as tradicións e as cidades que tanto amaba. Lonxe da terra dos seus recordos. E, con todo, desde lonxe, nunca perdeu a profunda conexión interior co seu fogar", subliñou.

Así, a alcaldesa puxo en valor ao Madariaga humano que entregou "case media vida a que no seu país volvese saír o sol". "A democracia, pola que Madariaga tanto sacrificou, merece sempre a pena", engadiu.

Estiveron presentes no acto o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro; a Directora do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, Ana Romero Masiá; o numerario da mesma institución Emilio Grandío Seoane;  o guitarrista Marcos Álvarez González, que interpretou á guitarra a peza «Homenaxe a Toulouse Lautrec», de Eduardo Sainz de la Maza; o actor de dobraxe Santiago Fernández, que recitou a "Elegía a la muerte de Federico García Lorca", escrita por Madariaga na súa faceta de poeta e publicada en 1937, pouco despois do asasinato do poeta, e o debuxante Siro López, autor dunha caricatura conmemorativa da que lle foi entregada unha copia ao Concello.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión