Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de enero de 2023

Inés Rey: “Ramón Vázquez Molezún sempre gardou as súas raíces coruñesas, galegas e atlánticas, e trasladounas á súa obra arquitectónica”

A Fundación Luis Seoane acolleu esta tarde o acto de presentación da mostra ‘Paisajes’, que percorre a evolución persoal e profesional do arquitecto coruñés, Premio Nacional de Arquitectura no ano 1954

A Fundación Luis Seoane abriu hoxe as portas ao acto de apertura da mostra 'Ramón Vázquez Molezún. Paisajes', unha exposición promovida polo Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM) e que chega á Coruña, cidade natal do arquitecto Vázquez Molezún, tras o acordo asinado entre o Concello e a Fundación da COAM con vistas a que a cidade acolla mostras de relevancia nacional no eido do sector.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o legado de Vázquez Molezún na Coruña, presente en puntos da cidade como a avenida de Arteixo, as rúas Juan Flórez e Concepción Arenal, así como na Fundación Barrié. "Durante a súa traxectoria, Vázquez Molezún gañador do Premio Nacional de Arquitectura no ano 1954, nunca deixou de innovar e evolucionar como profesional. Ademais, era un profundo coñecedor da cultura local e sempre gardou as súas raíces coruñesas, galegas e atlánticas, e trasladounas á súa obra arquitectónica", subliñou a rexedora na súa intervención.

A mostra, eminentemente visual, combina materiais de diversa índole que reflicten a evolución persoal e profesional de Vázquez Molezún, plasmada a través de pinturas, fotografías, maquetas e planos orixinais da súa obra. Neste sentido, a alcaldesa resaltou a visión e perspectiva de futuro amosada no seu tempo por Molezún, "que proxectou e traballou baixo un concepto totalmente contemporáneo e fundamental en termos de edificación a día de hoxe: a sostibilidade".

Ao acto de apertura da exposición asistiron, ademais, María Vázquez, filla de Ramón Vázquez Molezún, e Pablo Olalquiaga, vicedecano do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid (COAM).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión