11 de mayo de 2026
A alcaldesa destacou o “orgullo de cidade” que representa o equipo e o seu papel como referente do deporte feminino
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiron este luns no Palacio Municipal de María Pita ao Maristas Coruña tras conseguir o ascenso á Liga Femenina Challenge, un fito histórico para o club e para o deporte coruñés. No acto participaron as xogadoras, o corpo técnico, a directiva e numerosas persoas vinculadas á entidade, ás que o Concello quixo trasladar o seu recoñecemento institucional.
Durante a recepción, Rey puxo en valor "anos de traballo, esforzo e compromiso" dun proxecto que "nunca deixou de crecer". A alcaldesa lembrou tamén a emoción vivida durante a fase de ascenso disputada esta fin de semana, á que asistiu desde a bancada "coma unha afeccionada máis".
A rexedora subliñou ademais a importancia do traballo realizado desde a base, tanto pola canteira como por todas as persoas que forman parte do día a día do club. "Os ascensos tamén se constrúen desde a sombra", sinalou Rey, que agradeceu o labor de familias, persoas voluntarias e profesionais "que están sempre aí".
Inés Rey destacou tamén o gran momento que vive o deporte feminino na cidade e en Galicia, coincidindo con outros éxitos deportivos desta fin de semana. "O máis importante é que proxectos como o do Maristas inspiran ás novas xeracións e demostran que o deporte feminino non ten teito", concluíu a alcaldesa, felicitando ao equipo pola súa nova etapa na Liga Challenge.

26 de junio de 2026

26 de junio de 2026

25 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible