31 de mayo de 2026
A alcaldesa asistiu hoxe á cita deportiva no Coliseum, na que se congregaron máis de 3.000 participantes e 15.000 asistentes
A alcaldesa, Inés Rey, estivo hoxe no Coliseum asistinto á 38ª edición do Trofeo Miguelito, que congregou a máis de 3.000 xóvenes nunha das competicións máis importantes do judo base en do país e todo un clásico do calendario deportivo coruñés. En total, acudiron máis de 15.000 persoas ao longo da xornada entre participantes, equipos técnicos e público. Ademais, a organización contou con máis de 100 persoas voluntarias que fixeron posible o evento. Rey estivo acompañada pola concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
"Como alcaldesa, é un orgullo que competicións coma esta innoven ano tras ano, sempre buscando o mellor para as persoas que participan nela. Éncheme de honra que o noso Concello sexa o municipio galego que máis apoia ao judo", apuntou Inés Rey durante a súa visita.
O Miguelito é xa unha referencia consolidada dentro do deporte base e destaca tamén polo seu carácter inclusivo, cunha competición adaptada para judokas con diversidade funcional e un proxecto que ten como obxectivo a loita contra o acoso escolar a través dunha campaña que busca trasladar os valores do judo á sociedade en xeral.
O evento leva o nome de Miguel Ángel López Pérez, judoka coruñés falecido con 19 anos, e busca ser un camiño que axunte na mocidade a práctica do deporte e a transmisión de valores universais como o respecto e a integración, un concepto innovador que fixo que a competición fose recoñecida pola Unión Europea de Judo como un referente da promoción deste deporte no continente.

29 de mayo de 2026

25 de mayo de 2026

22 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible