Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2023

Do 14 ao 19 de marzo proxectaranse filmes como “O corpo aberto” ou o documental “María Casares. A muller que viviu mil vidas”, gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor documental

Inés Rey reivindica o talento audiovisual da Coruña na apertura da IV Semana do Cinema Galego

A alcaldesa interviu no acto de apertura do ciclo de cinema, que comezou coa proxección de “Código Emperador”, de Jorge Coira

A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta tarde na apertura da IV Semana do Cinema Galego xunto con Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

Rey reivindicou o talento audiovisual da Coruña recordando a Alberto Vázquez, director de "Unicorn Wars" galardoada co premio ao mellor filme de animación nos Mestre Mateo e recoñecida tamén cun Goya. Tamén lembrou o galardón que recibiu "María Casares. A muller que viviu mil vidas", de Xavier Villaverde, premio a mellor documental. "Unha peza na que colaboramos desde o Concello co obxectivo de contribuir a poñer en valor o papel de María Casares, a nosa gran actriz" explicou a alcaldesa.

O documental proxectarase mañá ás 20.00 h no Teatro Colón. Seguiranlle o xoves 16 de marzo "Onde máis doe" e "O home e o can", ás 20.00 h e 22.00 h respectivamente; o venres 17 "A Foreign Song" e "No somos nada", tamén ás 20.00 h e 22.00 h respectivamente; e "Live is Life. La gran aventura" e "O corpo aberto" o sábado 18 de marzo ás 19.30 h e 22.00 h respectivamente.

O ciclo rematará o domingo 19 de marzo coa proxección de "Valentina", gañadora dun Premio Goya a mellor película de animación, ás 11.30 h. Todas se proxectarán no Colón con entrada de balde ata completar capacidade.

"A Coruña volve así a ser unha referencia no ámbito da industria cinematográfica, posicionando o cinema galego a nivel nacional e internacional", concluíu a alcaldesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión