20 de julio de 2026
A alcaldesa participou hoxe na presentación da LIII edición da proba de vela por etapas, organizada polo Real Club Náutico
A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na presentación da LIII edición da Regata Rías Altas, a proba máis antiga das que organiza o Real Club Náutico da Coruña e, ademais, unha das competicións de vela por etapas máis esixentes do norte de España. Rey estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.
A regata, orientada a embarcacións de tipo cruceiro, terá lugar ao longo desta semana, entre o xoves 23 e o domingo 26. Tras saír da Coruña, porá rumbo cara a augas dos concellos de Viveiro, Cariño e Cedeira.
Inés Rey, acompañada hoxe polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou precisamente o carácter da regata como "motor de amizade e irmandade entre concellos da nosa terra" e subliñou tamén o alto nivel da proba, "que é sinónimo de prestixio no calendario deportivo galego e unha referencia para as persoas amantes da vela".
Neste sentido, a rexedora amosou o apoio e colaboración do Concello á nova directiva do Real Club Náutico -encabezada polo seu presidente, Jaime Araújo-. Na súa intervención, Rey expuxo a vontade do Executivo local para reforzar as liñas de colaboración entre María Pita e a entidade, como a xa existente a través do programa deportivo Coruña no Mar.
"Coruña no Mar creouse, precisamente, para propiciar a posta en valor dun dos patrimonios máis valiosos da cidade: as nosas augas. É, ademais, un programa que sustenta o noso obxectivo de promover os hábitos saudables entre o conxunto da poboación. No futuro, queremos seguir consolidándoo e achegando, a escala interxeracional, as disciplinas deportivas no medio mariño a persoas de todas as idades, cunha perspectiva integradora. E esta filosofía, a de conectar o mar coa xente, casa precisamente co rumbo do Real Club Náutico e do seu equipo directivo, con Jaime á fronte", apuntou a alcaldesa.
Ademais, Rey abriulle tamén as portas á colaboración entre o Concello e o Real Club Náutico de cara ao próximo centenario da entidade, no ano 2027. "Será unha grande oportunidade para valorar a súa dimensión: a dunha entidade centenaria que non só viu crecer a campioas olímpicas como Sofía Toro, senón que leva desde os seus inicios formando persoas. Porque o deporte, moito máis alá dos resultados, é saber gozar dun proceso que tamén é un adestramento para o resto da vida", indicou.
También te puede interesar

7 de julio de 2026

2 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible