Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de febrero de 2021

Inés Rey: “Temos a obriga de intentarmos evitar que se indemnice a familia Franco"

Asegura que “ninguén entenderá que teñamos que indemnizar co diñeiro de todos a unha familia que se lucrou durante décadas dun ben público, que pertencía ao patrimonio do Estado”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou hoxe que "se os servizos xurídicos do concello ven calquera mínima posibilidade de evitar que se indemnice a familia Franco recorreremos contra a sentenza".

Inés Rey entende que a sentenza, que contempla indemnizar a familia Franco polo  mantemento do pazo, ten que ser estudada con cautela porque "pode resultar sanguenta e até ofensiva para a meirande parte da cidadanía. É difícil explicarlle que teñamos que indemnizar co diñeiro de todos a unha familia que se lucrou durante décadas dun ben público, que pertencía ao patrimonio do Estado".

A alcaldesa asegura que xa quedou constatado que a familia Franco fixo un uso indebido e privado deste inmoble público e gozou do mesmo durante moitos anos e, polo tanto, "non podemos asumir que haxa que indemnizalos polos gastos de mantemento cando en realidade usurparon unha propiedade pública coa lexitimidade dun réxime autoritario. Temos que intentarmos evitar que se indemnice a familia Franco. Agardaremos polo ditame da nosa asesoría xurídica para actuarmos en consecuencia", sentenciou a rexedora.

Lembrou, por outra banda, o impulso, como parte demandante no xuízo sobre a devolución do pazo, e as iniciativas municipais para reclamar por vía xudicial a Casa Cornide, "que se adquiriu seguindo o mesmo modus operandi que en Meirás".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión