26 de abril de 2023
O circuíto, cuxas entradas xa están á venda, repartirá as súas actuacións entre abril e decembro co obxectivo de consolidarse na escena local con actuacións únicas e exclusivas en Galicia
Israel Fernández e Diego del Morao actuarán este xoves, 27 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Será o primeiro concerto do novo ciclo Ágora Selección Sonora, promovido polo Concello e que contará con artistas internacionais e figuras nacionais de renome.
As entradas está á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Israel Fernández é a cabeza visible da nova escena do cante jondo e foi un dos artistas máis destacados e aclamados da pasada edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, sendo o seu concerto no auditorio de Santa Margarida un dos máis multitudinarios. Hoxe en día é considerado xa un dos intérpretes flamencos máis importantes, e seguramente o referente de toda a nova xeración de artistas do xénero. Conta con catro álbums publicados e un recoñecemento unánime de público e crítica.
Entradas para o resto de actuacións, á venda
As entradas para o resto de actuacións anunciadas do ciclo Ágora Selección Sonora xa están á venda a través de Ataquilla e dos puntos de venda físicos habituais. O seguinte concerto programado no auditorio do Centro Sociocultural Ágora será o da banda británica Temples, unha referencia do pop psicodélico actual. Actuarán o martes, 16 de maio, ás 20.00 horas.
Por outra banda, o xoves 22 de xuño será a quenda dos americanos Allah-las, que tamén exploran a fusión de rock, pop e psicodelia. A última actuación confirmada do ciclo será a de Valeria Castro. A cantautora canaria actuará o sábado 30 de setembro no Ágora.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible