Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de septiembre de 2023

Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor actuarán na Coruña co seu show ‘Esfínter, un espectáculo para pechar o ano’

Será o próximo 29 de decembro no auditorio de Palexco e as entradas xa están dispoñibles

'Esfínter, un espectáculo para pechar o ano' volve con máis forza ca nunca no que xa é unha tradición dos últimos días do ano. O show dos cómicos galegos Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor regresa á Coruña tras o éxito da súa anterior parada na cidade, no Teatro Colón. Será o  próximo 29 de decembro no auditorio de Palexco ás 21.00 horas. As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla.

Unha vez máis, o espectáculo súmase á programación cultural do Concello durante o último trimestre do ano. Os galegos  Javier Veiga, Rober Bodegas e David Amor volven xuntarse por terceiro ano consecutivo para esta "cea de Nadal" producida por Etiqueta Negra. "Os cómicos son tan distintos e á vez tan compatibles sobre o escenario como o melón con xamón ou a pizza con piña", sinalan desde a promotora.

Esta terceira edición de 'Esfínter, un espectáculo para pechar o ano', promete o mesmo que en anos anteriores co pouso que dá o tempo e a experiencia e un show totalmente renovado. O Concello da Coruña, a través da súa área de Fomento e Promoción da Cidade, mantén a súa aposta pola cultura e a variedade de espectáculos ofertada nos diferentes recintos da cidade, que vivirán unha intensa actividade durante os últimos meses do ano.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión