22 de noviembre de 2024
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán
Leiva actuará na cidade no verán do 2025 dentro da súa xira Gigante. O artista madrileño é o primeiro nome confirmado para a nova edición do ciclo de concertos Coruña Sounds, que promove o Goberno de Inés Rey e busca dinamizar a axenda cultural e musical do período estival coruñés.
Leiva, que vén de presentar 'Bajo presión', o segundo adianto do seu novo álbum 'Gigante', actuará o próximo 12 de xullo no peirao de Batería. As entradas sairán á venda o vindeiro mércores 27 de novembro a partir das 12.00 horas a través dos puntos de venda habituais e na páxina web www.leivaentradas.com.
"Desde o Goberno de Inés Rey trataremos, un ano máis, de manter á Coruña como a capital musical do noroeste grazas á nosa colaboración con grandes ciclos de concertos como é o caso de Coruña Sounds, que aposta por artistas de grande éxito e renome como Leiva", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Tras a grande acollida de 'Gigante', o primeiro adianto do álbum homónimo, Leiva presenta agora 'Bajo presión' e seguirá desvelando cancións durante os próximos meses. No seu concerto interpretará estas e os seus grandes éxitos, froito da súa etapa en Pereza e dos seus seis traballos a nivel individual.

15 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible